O alumnado do IES A Pinguela participou no encontro da Agrupación de Centros Educativos

RibeiraSacraXa
O alumnado de 3º da ESO do IES A Pinguela de Monforte vén de participar co alumnado dos IES La Marina de Santa Cruz de Bezana (Cantabria), IES Las Salinas de Arrecife (Lanzarote) e IES Valle del Segura de Blanca (Murcia) no terceiro encontro da Agrupación de Centros Educativos.
ies a pinguela
29 Xan 2024

O alumnado de 3º da ESO do IES A Pinguela de Monforte vén de participar co alumnado dos IES La Marina de Santa Cruz de Bezana (Cantabria), IES Las Salinas de Arrecife (Lanzarote) e IES Valle del Segura de Blanca (Murcia) no terceiro encontro da Agrupación de Centros Educativos.

Esta iniciativa, a través do Ministerio de Educación para desenvolver durante os cursos 2022/23 e 2023/24 para traballar sobre Diversidade medioambiental e uso sostible da auga nas nosas comunidades, serviu para que os participantes expuxeran os seus traballos sobre as diferenzas hídricas e climáticas das comunidades autónomas de Galicia, Cantabria, Murcia e Canarias.

Así o fixeron nun acto que dirixiu o centro de acollida no Teatro Victoria de Blanca e no que estiveron presentes o alcalde daquela localidade, Pablo Cano, e a secretaria xeral da Consejería de Educación, Carmen María Zamora.

Proxecto transversal

Esta iniciativa do Grupo de Centros Educativos ten como obxectivo concienciar e formar sobre o ODS 6: “Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión e saneamento sostible para todos”, ademais de convivir e establecer vínculos entre o alumnado e o profesorado dos diferentes centros participantes.

Desta maneira, os alumnos aproveitaron para coñecer o Valle de Ricote e facer sendeirismo por unha senda de horta tradicional  á beira do embalse de Azud de Ojós, desfrutar do balneario La Fuente de La Fortuna, coñecer a cova neolítica de La Serrata, as norias de Abarán, onde se atopa a maior de Europa en funcionamento, o xacemento hispano-musulmán de Medina Siyasa, Salinas de San Pedro de Pinatar no Mar Menor, Cartagena, Caravaca de La Cruz, Fuentes del Marques, Santuario de la Virgen de la Esperanza, e a capital da comunidade murciana onde visitaron tamén o estadio Enrique Roca do Real Murcia de fútbol.

0.19521903991699