O 17° Ribeira Sacra Festival segue sumando novos artistas
17° Ribeira Sacra Festival confirma novos artistas. The Gift, unha das bandas de referencia a nivel internacional que contan con 25 anos de traxectoria; Silvana Estrada, coñecida pola mezcla entre o jazz e o folclore que presentará as cancións do seu primeiro álbum Marchita; Alberto & García, que celebra a publicación do seu novo single; Terrier, que será o encargado en levar o pop; Sofía Comas, que poñerá o sentimento e a emoción no festival, Rapariga dj y Ángel Carmona; todos estos artistas son os que se suman ao cartel do festival que se levará a cabo do 16 ao 18 de xullo de 2021. Sen embargo, o aprazamento da xira dos escoceses Teenage Fanclub imposibilita a súa presencia no festival deste ano, confirmando a súa presenza no ano 2022.
17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. En 2020 o festival foi recoñecido como o “Best Small Festival” de toda España polos Iberian Festival Awards. Un recoñecemento inédito para un proxecto tan novo que reafirma a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.
A pasada edición de 17° Ribeira Sacra Festival foi, sen dúbida, a máis difícil e especial ata a data, dada a situación sanitaria, e na que se cumpriron todas as expectativas. 17° Ribeira Sacra Festival conseguiu unir grandes propostas musicais e actividades nun evento que, a pesar do seu formato reducido e medidas de seguridade, nunca perdeu a sensación de festival.
En cada un dos seus espazos (adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo…) o festival ofrece a oportunidade de vivir a Ribeira Sacra dunha maneira diferente. Experiencias extraordinarias que fan que 17º Ribeira Sacra Festival forme parte de Momentos Alhambra, que nace da paixón da cervexeira pola música e polo descubrimento de creacións auténticas feitas para gozar cos cinco sentidos.
A través das súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… todos eles embaixadores da mensaxe do festival dentro e fóra das nosas fronteiras.