Novo obradoiro gratuíto na Pobra do Brollón
O obradoiro Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais levarase a cabo entre o 24 e o 28 de maio e está orientado a persoas interesadas na xestión destas superficies. Será na Casa da Escola de Parada dos Montes, no Concello da Pobra do Brollón e o horario será de 16:00 a 19:00h.
Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, fiscalidade, titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A inscripción é gratuíta e para calquera dúbida, pódese contactar no número de teléfono 981 584 783 ou no correo agaca@agaca.coop ou buscar información na páxina web www.agaca.coop