Novo espectáculo na Pobra do Brollón este venres
RibeiraSacraXa
Este venres a Casa da Cultura da Pobra do Brollón será o escenario do espectáculo Sentido Común, da compañía Tarabela Creativa.
28 Apr 2021
Este venres a Casa da Cultura da Pobra do Brollón será o escenario do espectáculo Sentido Común, da compañía Tarabela Creativa.
Os actores Ángeles Goás, Carmen Conde e Dani Blanco arman unha obra de narración oral que quere recuperar "a toda esa pequena xente que fai grande o mundo, para que non se esqueza a súa memoria, para que todas lembremos que temos algo que contar".
A obra está dirixida a un público xuvenil-adulto a partir de 13 anos. A hora de comezo é ás 20:15. A entrada é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.