Novas prazas para o taller de iniciación á lingua de signos
RibeiraSacraXa
Taller de iniciación á lingua de signos no concello de Chantada a partir do luns 4 de maio. A duración será de dous meses.
22 Abr 2021
Tras a alta demanda do taller de iniciación á lingua de signos, o concello de Chantada decidiu facer un segundo grupo que poderá comezar a partir do luns 3 de maio. O curso realizarase nos meses de maio e xuño e o horario será de 20.00 a 21.30 os martes. O lugar no que se realizará será na asociación AFA Chantada que se encontra na rúa do Parque, 9, baixoC.
As prazas son limitadas polo que a inscripción se poderá realizar na propia asociación ou nos números de teléfono 982145024 e 698143612.