Nova exposición de cadros no Concello de Monforte
O Concello de Monforte inaugurou na mañá de onte unha exposición de pinturas que foron doadas por Dª María Rodríguez Macía ó Concello monfortino, a cal estivo tamén presente no acto, acompañada por Gerardo Méndez.
En concreto, trátase dunha donación de 8 cadros ó Concello de Monforte efectuada por María Rodríguez Macía, pertencente á familia de Calderón.
As 8 obras están ubicadas na zona de escaleiras principais de acceso á primeira planta da Casa do Concello, e que quedarán alí expostas de xeito permanente.
“Dona María é filla de Monforte como ela mesma di, e naceu nesta cidade un 3 de agosto de 1920, e aínda que dende hai moitos anos vive en A Coruña, non esquece á “súa querida vila” e foi o seu desexo donar 8 pinturas da súa colección personal a este Concello, para que foran expostas co obxecto de ser contempladas polos monfortinos e monfortinas”, explicou o alcalde, José Tomé.
Así, María Rodríguez viviu ata os 9 anos en Monforte de Lemos e posteriormente trasladouse a vivir á Coruña, nos anos 50, onde reside actualmente. A pesar delo, tivo a vontade de ceder á súa cidade os cadros que a continuación se relacionan.
Cadros de carácter paisaxístico, costumbrista e de retrato
Dous cadros corresponden a dun pintor descoñecido, de principios do século XX, e levan por título Rosas e Jarrón de flores.
Unha pintura, denominada La Casona, é do pintor José Antonio Tello. Catro cadros son do pintor valenciano Antonio Huerta Blanco, cuxos títulos son Arlequín, Mujeres en el jardín, Retrato de Primavera e Tarde en el río.
E finalmente, o que é o cadro de que máis valor sentimental ten para María, é o pintado pola pintora coruñesa Mª del Carmen Quiñoa Rodríguez, e que representa o retrato do avó de María Rodríguez, Ramón Macía de Calderón.
Respecto deste último cadro, a familia pensa que puido ter sido alcalde de Monforte durante a 1ª República, a finais do século XIX, “polo que os nosos técnicos de arquivo están investigando este dato a fin de identificar axeitadamente este cadro”, indicou o rexedor municipal.