Nosoutras - Relatos Femininos este sábado en Sober
Este sábado o Centro Sociocultural de Sober acollerá a proxección do documental Nosoutras - Relatos Femininos. Esta actividade é a segunda parte dun proxecto que promove a igualdade e homenaxea ás mulleres do mundo rural facendo visibles as condutas machistas neste ámbito.
Son seis as mulleres que narran dende a sinceridade e humildade parte da súa vida e como o feito de ser muller inflúe na súa vida e no seu traballo.
Este documental é o seguinte paso despois da publicación en papel dos relatos de Pili, Noelia, Otilia, Samantha e Sara que triunfaron nas redes sociais do Concello de Sober.
A proxección do documental terá lugar as 19.00 horas no Centro Sociocultural de Sober. Despois do visionado os asistentes poderán escoitar o dúo Sara Méndez Arias e Ana Fernández Gayoso. E, para poñer fin ao acto haberá unha actuación ao cargo de Baturruka.