Ninodaguia celebra a súa 6ª Fornada Tradicional os días 10 e 11 de abril

Ninodaguia acollerá os vindeiros 10 e 11 de abril a sexta edición da súa Fornada Tradicional, unha cita que combina tradición oleira, gastronomía e actividades culturais ao longo de dúas xornadas.
A programación comezará o venres 10 ás 20:30 horas cun percorrido polo pobo para recoller as pezas que se enfornarán ao día seguinte. A saída será desde o Museo de Oleiría e finalizará nos antigos fornos de alfafarería. Ao remate, os asistentes poderán degustar bocadillos de chourizo e viño por un prezo de 4 euros.
Xa o sábado 11, a actividade arrancará ás 12:30 horas co inicio da fornada. Ao longo da mañá e do mediodía haberá distintas propostas, como a participación das Apandadeiras (12:45h) e a actuación de Irma Macías (13:00h), que acompañará esta actividade.
Ás 14:00 horas celebrarase unha comida popular con empanada, callos, bica, viño, auga e café. O menú inclúe tamén unha cunca para os callos e outra de barro para o viño, elaborada como parte da artesanía local. O prezo será de 20 euros para adultos, 10 euros para nenos de 6 a 10 anos, mentres que os menores de 6 anos non pagarán.
A programación da tarde continuará ás 16:00 horas cun fiadeiro e, ás 17:00 horas, cun obradoiro de baile tradicional a cargo da Escola Sensodanza. Ademais, ás 17:30 horas haberá visitas ao museo cun custo de 2 euros.
Xa pola noite, ás 21:00 horas, está prevista unha cea con bocadillos a elixir entre panceta ou lombo fresco, acompañados de bica, por 7 euros. A xornada pecharase ás 22:00 horas cunha foliada libre, para a que se recomenda asistir con roupa de comezos do século XX, e na que haberá sorteos e agasallos.
As persoas interesadas en participar poden realizar a súa reserva ata o 5 de abril a través dos teléfonos facilitados pola organización.