Música, viño e cultura únense no Sacra Festival

RibeiraSacraXa
Chega no día de mañá, sábado 24 de xullo, o Sacra Festival 2021, un festival único onde se une a música, a cultura, o viño e a gastronomía.
cata ribeira sacra
23 Xul 2021

Chega o sábado 24 de xullo ás Adegas Amedo, en Chantada, o Sacra Festival 2021. Música, cultura, viño e gastronomía únense nun festival único cun paraxe envidiable no que poder disfrutar das diferentes actuacións e actividades.

A xornada comezará ás 10.30 horas cunha cata hábitats con Roberto Regal co que se descubrirá a singularidade dos viños que se elaboran na Ribeira Sacra.

Unha actividade que pon en valor a cultura do viño, incluíndo a visita a catro viñedos da comarca e a cata dos catro viños desos mesmos terruños.

Desta maneira, podemos coñecer en primeira persoa as características propias dos viños de finca e a súa relación co seu microhábitat. Unha experiencia que tamén nos introducirá nunha historia persoal de compromiso coa terra e da aposta pola conservación do seu legado vitivinícola. Hai que recordar que o aforo para esta actividade é de 50 persoas.

Xa pola tarde, será o turno da música e do ambiente festivo con tres concertos que se realizarán ao longo da tarde e que terán un aforo de 150 persoas. O primeiro espectáculo será o de Caamaño & Ameixeiras, ás 17.30 horas, seguido polo concerto da Fábrica de Espejos, unha formación de synth pop altamente emocional, nada en Chantada no 2017. Este concerto será ás 19.30 horas e, para finalizar, ás 20.30 horas, Davide Salvado poñerá punto e final a unha xornada de ocio e de lecer na que destaca o viño, o ambiente e a música.

cartel sacra festival
0.19464516639709