Música, gastronomía e cultura o venres no 17º Ribeira Sacra
Chega este venres a quinta edición do Festival 17º Ribeira Sacra, unha cita musical, cultural e gastronómica, que terá lugar entre o venres e o domingo, en diferentes escenarios da zona sur da provincia.
Este evento musical e cultural promove o turismo non masificado, de proximidade e sostible; permitindo gozar ao aire libre de música e gastronomía, así coma paisaxes indescriptibles como as ladeiras dos ríos Miño e Sil.
Como nas pasadas edicións, o Festival ofrécelle ao público unha experiencia única combinando música e actividades en escenarios emblemáticos e enclaves naturais da contorna da Ribeira Sacra.
Programación
O evento comezará o venres, 16 de xullo e, dependendo do escenario e da hora, levaranse a cabo diferentes actuacións. No escenario momentos Alhambra no Miradoiro de Santiorxo tocará ás 17.30 horas Auto Sacramental e, a continuación, ás 18.30 horas, Dani.
No escenario Deputación de Lugo no Catamarán Ponte do Sil realizarase o Concerto Sorpresa Alhambra ás 18 horas. No Reitoral de Gundivós compartirase a hora do anterior escenario, sen embargo, será o turno de Showcoocking Alhambra e Patrimonio.
Para finalizar, no escenario Fest Galicia nas Bodegas Regina Viarum as actividades comezarán a partir das 19 horas cando se abra a zona gastro. Así pois, ás 20 horas realizarase unha cata a cegas para que, posteriormente, ás 21.30 os asistentes poidan disfrutar da música de Silvana Estrada. Os concertos non acabarán ahí xa que ás 23 horas actuará Depedro e, para finalizar o día, ás 00.30 horas Ángel Carmona DJ amenizará a noite ribeirense.
O sábado, a xornada comezará xa pola mañá, ás 10 horas coa ruta ao miradoiro Pena do Castelo, un paseo de 1,5 kilómetros dende o lugar de Francos ata o mirador de Pena do Castelo en Doade. En canto aos escenarios e á música, ás 12 horas, no Catamarán Ponte Sil actuarán Ángel Carmona e Dani. Esta segunda, é unha artista recoñecida a nivel nacional que vén de presentar o seu primeiro traballo, Veinte, no que trata as súas vivencias e pensamentos dende os 18 ata a actualidade.
No escenario Eurostars pazo de Sober as actuacións comezarán ás 13.30 horas co concerto de Alberto&García. Posteriormente, ás 15:00 horas, Rapariga DJ poñerá a música a unha cata inmersiva musical.
Xa pola tarde, no escenario Momentos Alhambra no Miradoiro de Santiorxo actuarán Terrier -ás 17.30 horas- e Ian Kay -ás 18.30- para gozar dun ambiente musical agradable cun entorno idílico.
Para concluír o día, o escenario Fest Galicia nas Bodegas Regina Viarum acollerá tres conciertos: The Excitements, The Gift e Bronquio -ás 21.30; ás 23 e ás 00.30 horas respectivamente-. Estes serán os concertos que poñan punto e final á completa xornada do sábado na que haberá numerosas actividades para todos os públicos.
Por último, o domingo 18 de xullo a xornada dará comezo ás 12.30 horas co concerto de Sofía Comas en Chantada. Así pois, despois da compositora, será o turno de Budiño&Novoa, ás 13.30 horas.
Xa para rematar, ás 15 horas, haberá un concerto especial de clausura de Ale e Isaac Pedrouzo DJ e cata marinada Galicia Calidade, todo esto na vía romana. Así finaliza o festival 17º Ribeira Sacra, despois de tres días de cultura, de gastronomía e de música, nos mellores escenarios do sur da provincia.