Música e cine en Pantón esta fin de semana
O Concello de Pantón acolle esta fin de semana dúas actividades. Por unha beira, o venres 13 de agosto será o turno dun espectáculo musical mentres que, o sábado 14, tocará unha proxección cinematográfica.
O venres 13 de agosto, actuará o grupo O Ventosiño, un grupo de música tradicional pertencente aos Xograres de Lemos que traerá da man cultura musical e bo ambiente. O concerto realizarase na praza do Concello ás 22 horas e, a causa das medidas sanitarias actuais, o aforo é limitado e o concerto haberá que velo sentado, polo que é preciso reservar praza no número de teléfono 982 456 377.
En canto ao sábado, será o turno do cine na rúa, coa proxección do filme Chicos buenos. A película, unha comedia adolescente, trata sobre tres rapaces que se meten nun pequeno lío e que rematan tomando unha serie de decisións erróneas. Neste caso, a proxección será ás 23 horas na praza do Concello e, coma no concerto do día anterior, as prazas son limitadas polo que é preciso reservar no mesmo número de teléfono.