Música e bo ambiente o sábado en Pantón

RibeiraSacraXa
O vindeiro sábado 17 de xullo, ás 23 horas, o Concello de Pantón acolle na praza da vila o concerto dos Alcántara.
los alcantara
16 Xul 2021

O vindeiro sábado, 17 de xullo, Pantón acolle na praza do Concello o concerto dos Alcántara. Así pois, a praza da vila encherase de música e bo ambiente co que poder desfrutar dun sábado diferente e ameno.

Los Alcántara é un grupo que se caracteriza por interpretar as mellores cancións españolas dos 70 fusionadas con ritmos modernos e trepidantes.

O concerto levarase a cabo ás 23 horas e para poder ir é preciso reservar no número de teléfono 982 456 377.

cartel panton concerto los alcantara
0.10102987289429