Música e actuacións o domingo en Pantón

RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón organiza unha serie de actos que se levarán a cabo na mañá do domingo 22 de agosto na praza do Concello.
cartel un verso un cantar queiman e pousa
21 Ago 2021

O Concello de Pantón organiza unha serie de actos que se levarán a cabo na mañá do domingo 22 de agosto na praza do Concello. Así pois, a xornada comezará ás 11.30 horas co espectáculo Un verso, un cantar, unha actuación que nace do compromiso e amor pola cultura galega da compañía Queiman e Pousa; sumado ao gusto de fusionar distintas artes para ofrecer ao público un amplio abano de sensacións.

Fusión poética e musical, de poemas de artistas tan recoñecidos como Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, e tantos outros que xa non están, pero que foron a nosa voz e memoria dende outras terras, ata autores dos nosos días, como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas, que continúan esa labor de supervivencia da nosa cultura.

A continuación, ás 13 horas, a banda de música municipal da Estrada realizará un concerto que se atopa dentro do programa O país das bandas, promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares para recuperar a actividade bandística.

No espazo de tempo entre as dúas actuacións darase a coñecer o resultado do VII Concurso Fotográfico Red Ribeira Saca - Viticultura Heroica e entrega de galardóns ós premiados.

0.20368719100952