Monforte renovará a sinalización horizontal en 128 rúas da cidade cun investimento de 140.000 euros

RibeiraSacraXa
Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 30 días
Gloria Prada, José Tomé e José Luis Losada
9 Mar 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta da apertura do prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.

“Trátase dunha inversión certamente relevante, xa que destinamos un orzamento de 139.828,38 euros, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 128 actuacións en rúas e vías de titularidade municipal ó longo de todo o Concello.

O prazo para a presentación de ofertas, unha vez publicada a licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público, está aberto ata o 31 de marzo de 2025.

Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 2 e mércores 9 de abril, ás 9 horas.
Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal da cidade, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 2 meses.

Traballos a executar

O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos, etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.

A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.

⚙ Configurar cookies
0.15664982795715