Monforte conmemora a Xornada Europea da Cultura Xudía-Renewal con dúas visitas guaidas
O Concello de Monforte conmemora este domingo 3 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía-Renewal, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa do Comercio 6) ás 11.30 e ás 18.00 horas.
Esta actividade intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media.
As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.
Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 poboacións de España, á Asociación “Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad”, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade. Este ano 2023, Monforte de Lemos preside a Red de Juderías de España.
A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2023 ven impulsado pola Asociación Europea para la Preservación y Promoción de la Cultura y el Patrimonio Judíos e o fai baixo o lema “Memoria”, chave colectiva e individual que mantén e transmite a cultura xudía ó longo dos séculos.