Monforte celebrou a 24ª edición do Festival de Habaneras cunha gran acollida de público

RibeiraSacraXa
No cartel desta edición participaron a Coral Polifónica Sporting Club Casino de A Coruña e a Masa Coral Laviana, de Asturias, xunto á Coral Polifónica de Monforte
tome-festival-habaneras-2025
30 Jun 2025

Monforte celebrou a 24ª edición do Festival de Habaneras cunha gran acollida de público. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros e concelleiras de Cultura, Servizos, Consumo e Muller e Igualdade, asistiu esta fin de semana á 24ª edición do Festival de Habaneras de Monforte.

O evento, organizado polo Concello, celebrouse na Praza de España, que reuniu numeroso público para gozar das actuacións das tres corais participantes. Nesta edición, por primeira vez, o festival tivo lugar no mes de xuño, o que facilitou a súa celebración ao aire libre no centro da cidade.

No cartel desta edición estiveron dúas corais de prestixio, xunto á Coral Polifónica do Concello de Monforte: a Coral Polifónica Sporting Club Casino de A Coruña e a Masa Coral Laviana, de Asturias.

⚙ Configurar cookies
0.1670560836792