Monforte celebra en xullo o Fancine de Lemos
RibeiraSacraXa
Monforte de Lemos acolle do 21 ao 25 de xullo o festival de cine fantástico Fancine de Lemos ao que se inscribiron 230 curtametraxes.
22 Jun 2021
Monforte de Lemos acolle do 21 ao 25 de xullo o festival de cine fantástico Fancine de Lemos. O evento ten como obxectivo presentar un espazo que compartan todos aqueles e aquelas aficionados ao cine fantástico e de medo, así coma mostrar o talento cinematográfico da contorna galega.
Por esta razón, o festival non só proxecta curtametraxes e filmes, senón que intenta ir máis alá. Así pois, a principios de xuño logrouse pechar a convocatoria de inscricións para a nova edición do FanCine con 230 curtametraxes.
A entrada é gratuíta e dende a organización informan que o programa aínda non está confirmado. Para máis información pódese consultar a web do evento ou as súas redes sociais.