Monforte acolle a XXIII Feira do Libro dentro do programa do Verán Cultural do concello

RibeiraSacraXa
O concello de Monforte acolle os próximos días a XXIII Feira do Libro dentro do programa do Verán Cultural do concello
feira libro monforte portada
23 Ago 2022

Marina Doutón, concelleira de Cultura, presenta unha nova edición da Feira do Libro de Monforte, que este ano cumpre a súa vixésimo terceira edición, acompañada por Carlos Blanco, secretario da Federación Librarías de Galicia, entidade que, xunto ó concello, organiza esta feira.

A XXIII Feira do Libro de Monforte estará situada na rúa Cardenal e abrirá maña mércores 24 de agosto, pola tarde e poderá visitarse ata o sábado 27. As casetas estarán abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

Na presentación, Doutón salienta que “dende o equipo de Goberno colaboramos con esta festa da literatura porque consideramos que con ela conseguimos achegarlle ós cidadáns unha parte fundamental da nosa cultura e polo tanto, contribuímos á súa divulgación. Ó mesmo tempo, coa Feira do Libro ofrecemos o noso apoio a un sector tan importante como é o editorial.”

Do mesmo xeito, a concelleira de Cultura indica que “dende o Concello imos seguir apostando por este tipo de eventos, xa que a lectura é a mellor forma de aprender de xeito ameno e divertido, tanto para os adultos como para os máis pequenos da casa”.

O representante da Federación Librarías de Galicia agradece a implicación do concello neste certame, do que destaca que “xa se alcanzaran as 23 edicións”. Tamén detalla a participación de tres librarías, unha de Monforte, outra de Sober e outra de Ferrol, así como o stand da Deputación de Lugo.

Do mesmo xeito Carlos Blanco salienta o completo programa de actividades da feira, no que se inclúen 2 actuacións musicais, actividades a cargo de 36 autores e autoras, 8 presentacións para público adulto e 5 para público infantil, e 19 sinaturas de libros.

Marina Doutón remataba a súa intervención convidando “a todo o mundo a que a partir do vindeiro mércores, se achegue ás casetas da Feira do Libro, que estarán coma sempre instaladas nun marco incomparable como é a rúa Cardenal, para adquirir novos libros que de seguro, lles axudarán a descubrir novas historias e novos lugares.”

PROGRAMA

A feira inaugúrase maña mércores 24 ás 19 horas co pregón a cargo da poetisa de Sober, Moncha Prieto, e a actuación da Banda de Gaitas de Monforte. Ese mesmo día Moncha Prieto asinará Alma del barro na caseta da Libraría Agrasar, a partir das 20.00 horas Tamén a esa mesma hora terá lugar a presentación de Neve de agosto, de Nieves Neira, por Chan de Pólvora.

Ás 20.30 horas Antón Lopo presentará Extraordinario, por Chan de Pólvora, e ás 21.00 horas terá lugar a presentación-recital de Simún, de Nuria Vil, por Chan de Pólvora.

Xoves 25 de agosto

12.00 horas - Xosé Luis Vazquez Somoza asinará O Conserxe na caseta da Libraría Agrasar

12.00 horas - Contacontos de Leopoldo, o pequeno monstro, de Estefanía Padullés por Hércules Ediciones

13.00 horas - Estefanía Padullés asinará Que mal día, gato Klops! na caseta da Libraría Agrasar

18.00 horas - Rober Cagiao asinará Saga El guardián de las flores na caseta da Libraría Cortizas

18.00 horas - Moncha Prieto asinará Alma de barro na caseta da Libraría da Proencia

19.00 horas - Contacontos de Peúgo, o calcetín melenudo, de Jessica Rodríguez Piñeiro por Babidi-bu Editorial

19.30 horas - Olga Novo asinará Cráter na caseta da Libraría Agrasar

20.00 horas - Presentación de A vangarda das formas. A obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, de Fernando Arribas Arias e Teresa Pena Moreda coeditada pola Deputación Provincial de Lugo.

Venres 26 de agosto

Durante todo o día.- Finy Sesmonde asinará Fluyendo como el agua na caseta da Libraría Cortizas

11.30 horas - Alberto Fernández Boo asinará Hatshepsut, faraón. A transgresión dunha muller empoderada na caseta de Libraría Agrasar

12.30 horas - Raquel Martínez Salgado asinará Metodologías Activas: Propuestas a través de un enfoque lúdico na caseta da Libraría Agrasar

12.30 horas - Contacontos infantil Un universo na túa maleta por Ana Meilán García

18.00 horas - Ramón Sandoval asinará Nas esquinas do frío na caseta da Libraría da Proencia

19.00 horas - Programación Cultural Primavera-Verán-Música Infantil. Vicepresidencia- Área de Cultura da Deputación de Lugo. Actuación de Paco Nogueiras co espectáculo BuleBule por Kalandraka Editora.

19.30 horas - Abraham Pérez asinará O corpo transparente das horas na caseta da Libraría Agrasar

20.30 horas - Pilar Macía asinará Lobo na caseta da libraría Agrasar

20.30 horas - Presentación de 7 herbas máxicas, de Rosalía Bermúdez e Nanda Cabaleiro por Hércules Ediciones

21.30 horas - Rosalía Bermúdez e Nanda Cabaleiro asinan 7 herbas máxicas na caseta da Librería  Agrasar

Sábado 27 de agosto

12.00 horas - Alba López Paredes asinará Saga Nándidor: La leyenda de Noa na caseta da libraría Cortizas durante todo o día

12.00 horas - Alberto Canal asinará Carolina na caseta da Libraría Agrasar

12.30 horas - Actuación infantil Fazulas, o ladrón de paraugas por Bandullo Azul

13.00 horas - Eduardo Baamonde asinará Ribeira Sacra en acuarelas na caseta da libraría Agrasar

13.30 horas - Sara Valcárcel asinará O ladrón de paraugas na caseta da Librería Agrasar

18.00 horas - Jorge Vila asinará Murallas, torres y puertas de las fortificaciones monfortinas na caseta da Libraría de Proencia

19.00 horas - Presentación de El sintonizador, de José Luis Ordóñez por Algaida Editorial

19.30 horas - Antía Yáñez asinará Non penses nun elefante rosa na caseta da Librería Agrasar

20.00 horas - Certames galegos de poesía. Coloquio e recital entre Xosé L. Mosquera Camba, autor de A traxedia da arquitectura (Premio Fiz Vergara Vilariño, Ed.Espiral Maior) e Andrea F. Maneiro, autora de Edénicas. (Premio Illas Sisargas, Ed.Caldeirón) moderado por María Casar por Luagrís.

feira libro monforte
0.194748878479