Monforte acolle a xuntanza de palilleiras máis multitudinaria da provincia de Lugo

RibeiraSacraXa
A organización desta gran xuntanza de palilleiras foi unha idea que xurdiu entre o Concello de Monforte e a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra
Inauguración-III-Encontro-de-Palilleiras-de-Monforte
8 Sep 2024

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, foi a encargado de inaugurar o “III Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”, ubicado na explanada da Compañía. No acto inaugural, non puido estar presente por motivos de axenda o Alcalde, José Tomé Roca. Deste xeito, na inauguración Gloria Prada estivo acompañada pola presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, Sesé Vila, os concelleiros e concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Sanidade, Pilar Espinosa, Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, Deportes, José Manuel Mougán, así como diversos membros da Corporación municipal.

Na súa intervención, deu á benvida ás 400 palilleiras, procedentes de 30 asociacións, vidas de todos os puntos de Galicia, así como Toral de los Vados o Bembibre, así como ós 12 comerciantes especializados, provintes de distintos puntos de Galicia, Madrid ou Burgos, que conforman a zona de venta deste encontro, e que ofrecen exclusivamente produtos para palillar.

A organización desta gran xuntanza de palilleiras foi unha idea que xurdiu entre o Concello de Monforte e a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e que estaba previsto celebrar no ano 2020. Daquelas, estaba practicamente todo ultimado para que se levara a cabo este encontro, pero a incidencia da pandemia impediuno, e obrigou a pospoñelo ata o ano 2022 en que finalmente si puido ser celebrado, e que supuxo todo un éxito tanto de participación de palilleiras como de público asistente, algo que volveu a acontecer na edición de 2023.

A tenente de alcalde resaltou que o obxectivo perseguido coa organización deste Encontro “é amosar e por en valor a arte de palillar” e engadiu que “cremos que Monforte é o sitio idóneo, dentro do interior de Galicia e no sur da provincia de Lugo, para celebrar un gran evento coma este, tendo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia”. Neste senso, Gloria Prada resaltou o importante impacto económico e de promoción turística que o evento xerará no Concello e na Ribeira Sacra, “evento que dinamizará sen dúbida sectores coma o noso comercio ou a nosa hostalería. Ó turismo, en definitiva.”

Aproveitou a ocasión para animar ás participantes a coñecer Monforte e a Ribeira Sacra, enunciándolles no seu discurso os principais atractivos turísticos desta zona, pois “son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados da nosa Comunidade, que están de moda, e como di o noso alcalde, Monforte e a Ribeira Sacra son un anaco do Paraíso no interior de Galicia.”

0.15837907791138