Monforte acolle a presentación da obra A vida nas botas

RibeiraSacraXa
O Ateneo Casino de Monforte de Lemos acolle o vindeiro venres 30 de xullo a presentación da obra A vida nas botas.
monforte vista
26 Xul 2021

O Ateneo Casino de Monforte acolle o vindeiro venres 30 de xullo a presentación da obra A vida nas botas, un poemario inspirado na Ribeira Sacra co que podes trasladarte a ese espazo sen saír da casa.

Unha obra da casa escrita polo cantautor e escritor monfortino Antón Valcárce, que xa conta con obras coma O que non che contaron de Monforte e Soños de Chicolate. A hora na que se levará a cabo será de 8.15 a 9.15 horas; a entrada é libre e todas as persoas interesadas en asistir deberán reservar previamente.

Para máis información ou para reservar, pódese contactar no teléfono 648 435 033 (preferentemente por WhatsApp).

0.077737808227539