Ribas de Sil, Mondoñedo, Burela e As Nogais, próximas paradas do Circuíto de Teatro Profesional
Mondoñedo, Burela e As Nogais son as vindeiras paradas do Circuíto de de Teatro Profesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia. Este sábado, 12 de outubro, a partir das 19.00 horas poderase desfrtuar no salón de actos do Concello de Ribas de Sil de Saíndo do cerco da man de Teatro do Miolo.
Conta a historia de Suso, o un novo residente do centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida. Este luns 14 de outubro, ás 16:30 horas, no IES San Rosendo de Mondoñedo, poderase desfrutar da man de Mircromina Títeres de Alma de cartón, unha traxicomedia experimental a partir dos 16 anos.
Fala sobre como o cotián máis próximo a tomarse un café queda lonxe dos misterios da alma, tan tan lonxe que se tocan. A política é cada bocado que lle das ao corpo e a infamia segue a estudiarse nos libros de texto. Que máis se pode pedir? Internet...redes...citas. O 15 de outubro no IES O Perdouro de Burela tamén da man de Mircromina Títeres chega Alma de Cartón. Pola súa parte, tamén este domingo nas Nogais, no centro sociocultural, poderase desfrutar da man de Lîlâ Teatro de Rara Avis, unha comedia destinada a público de a partir dos 13 anos.
Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan- É coma se levara unhas ás invisibles adheridas ás súas costas que ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”. A
través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo o seu particular sentido do humor é como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desgrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador. Ela,
coma ninguén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo. Esta obra fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.
59 representacións de 14 compañías
O Circuíto de Teatro Profesional confórmano 59 representacións de 14 compañías: Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro, Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán por toda a
provincia co Ciclo de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con propostas escénicas están destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como Poeta en Nova York.
A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que con este ciclo “a área provincial mantén o apoio á rede de compañías profesionais da provincia, poñendo en marcha unha programación concreta que lles permite rendibilizar o seu traballo creativo, e contribuíndo, no medio prazo, a consolidar un público para o teatro e as artes escénicas en todas as comarcas”. Neste sentido, remarcou “a importancia de facilitar o acceso a propostas culturais de calidade en todo o territorio, de man de concellos e asociacións que precisan este tipo de colaboracións e iniciativas para ampliar as súas programacións culturais”.
O calendario, confeccionado coa colaboración de concellos e asociacións, inclúe representacións en A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pontenova, Alfoz, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Barreiros, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervo, Chantada, Cospeito, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, O Saviñao, O Valadouro, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Samos, Sarria, Taboada, Vilalba,Viveiro, Xermade.