Manzaneda instala as luces de Nadal na vila medieval e nos seus núcleos rurais

RibeiraSacraXa
Dende o Concello destacan que este tipo de iniciativas favorecen “o turismo rural, gastronómico e de produtos locais”
Luces-nadal-manzaneda
Luces de Nadal en Manzaneda
5 Dec 2024

O Concello de Manzaneda instalou ao longo das pasadas semanas a iluminación de Nadal na vila medieval e nalgúns dos seus núcleos rurais.

Desde este xoves xa se pode gozar das luces de Nadal, que foron acendidas esta madrugada e que se ampliarán a outros núcleos nos próximos días.

O obxectivo do Concello é rematar coa instalación e o acendido para que todos os núcleos teñan a súa decoración instalada durante esta ponte de decembro.

“O obxectivo é que nestes días previos ao Nadal se sinta xa un ambiente cálido e acolledor para os nosos veciños”, explican desde o Concello, que tamén destacan o importante atractivo turístico que supón a iluminación de Nadal, “favorecendo o turismo rural, gastronómico e de produtos locais, así como a corresponsabilidade coas zonas e áreas de montaña rurais”.

⚙ Configurar cookies
0.19667792320251