Manzaneda e a Xunta asinaron un convenio de máis de 80.000 euros para reparar os danos causados polos incendios

RibeiraSacraXa
O acordo permitirá cobrir ao 100% os custos derivados das actuacións realizadas nos días dos incendios, así como as obras de reparación de camiños e pistas municipais danadas polo uso de bulldozers durante as labores de extinción
incendio-manzaneda
Resultados do incendio de Manzaneda
1 Nov 2025

O Concello de Manzaneda e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes veñen de asinar un convenio por un importe de 80.127,28 euros, destinado a financiar os gastos extraordinarios ocasionados polos incendios forestais que afectaron a Galicia durante o verán de 2025.

Segundo informou o Concello, o acordo permitirá cobrir ao 100% os custos derivados das actuacións realizadas nos días dos incendios, así como as obras de reparación de camiños e pistas municipais danadas polo uso de bulldozers durante as labores de extinción.

Ademais, os fondos servirán para a restauración da manga gandeira no Alto de Cabeza de Manzaneda, situada no Monte de Utilidade Pública Dehesa de Prada, unha das zonas afectadas polos lumes.

⚙ Configurar cookies
0.069463014602661