Manzaneda adecúa o Curro de Pastores A Mosenda

O Concello de Manzaneda, en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), rematou fai uns días a adecuación do Curro de Pastores A Mosenda, un proxecto que busca poñer en valor as tradicións e o patrimonio rural da zona.
As obras incluíron a construción dunha pérgola aberta para facilitar o manexo do gando, así como a mellora ambiental da cuberta da choza, o que favorece un uso máis sostible do espazo e facilita o traballo dos pastores locais.
Ademais, desde o Concello de Manzaneda explican que se solicitou unha excepción á prohibición de pastoreo nos terreos afectados por incendios dentro do MUP Devesa de Prada (pendente de resolución), co fin de permitir o silvopastoreo durante o verán e asegurar que os pastores poidan continuar con esta actividade tradicional na serra.