Lucus Ensamble levará a Taboada o seu espectáculo ‘Percorrendo Castelao’

O grupo Lucus Ensamble levará este sábado, 31 de maio, a Taboada, o seu espectáculo 'Percorrendo Castelao', unha función que pretende poñer en valor a figura deste intelec-tual galego a través de música con motivo do seu 75º cabodano.
A cita, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo en colaboración coa Área de Cultura do Concello de Taboada, arrancará ás 19.00 horas no Auditorio do Cartel Ve-llo.