A Concentración Mototurística de Chantada cumpre 12 anos este mes de abril

A XII Concentración Mototurística de Chantada celebrarase os días venres 10, sábado 11 e domingo 12 de abril no recinto do mercado gandeiro. O evento está organizado polo Motoclub R.S. Chantada, coa colaboración do Concello de Chantada, e contará, como sempre, con zona de acampada e duchas para os participantes.
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 667 721 051, 618 460 987 e 628 205 058, por 50 euros a completa e 35 euros a media. Durante o encontro haberá rutas, exhibicións, xogos moteiros, sesión vermú, actuacións musicais e comidas para desfrutar dun completo fin de semana dedicado ao mundo das motos.