José Tomé pon en valor a relevancia da mostra '¡Y además dibujan!' para concienciar sobre as guerras

RibeiraSacraXa
“Estes debuxos”, subliñou José Tomé, “poderían ser de calquera guerra, vista dende os ollos inocentes dos nenos"
Inauguración-mostra-monferte-guerra-tomé
Inauguración da mostra '¡Y además dibujan!'.
5 Nov 2024

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, pon en valor a exposición “¡Y además dibujan!”, de debuxos feitos por nenos e nenas durante a Guerra Civil Española que acolle a Casa da Cultura ata o 29 de novembro.

No acto inaugural, interviu o rexedor monfortino, e tras el o comisario da exposición, Vladimir Merino Barrera, quen impartiu unha interesante e didáctica conferencia sobre a orixe e o contido de dita exposición.

A exposición contén 48 debuxos feitos por nenos e nenas, arredor da temática da Guerra, a cal estaban a vivir en primeira persoa, nenos e nenas que ou ben foron evacuados cara as colonias escolares de Levante, ou ben foron exiliados á U.R.S.S. Precisamente, Vladimir Merino Barrera, que é fillo dunha das nenas que tivo que marchar á U.R.S.S. en 1937.

O alcalde, na súa intervención, fixo unha fonda reflexión sobre a guerra e o seu impacto nos nenos e nenas. “Estes debuxos”, subliñou José Tomé, “poderían ser de calquera guerra, vista dende os ollos inocentes dos nenos. Como saben desgraciadamente, hoxe o mundo, segue a padecer moitos conflitos armados".

A exposición permanecerá aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do 4 ó 29 de novembro de 2024.

0.20570707321167