José Antonio Núñez Estévez e Miguel Domínguez Hervella abandonan o PSOE de Manzaneda

Os concelleiros José Antonio Núñez Estévez e Miguel Domínguez Hervella comunicaron este luns a súa dimisión como concelleiros do PSdeG-PSOE de Manzaneda, pasando ao grupo dos non adscritos e deixando ao grupo de goberno, liderado por Amable Fernández, cun executivo en minoría.
O ata agora tenente de alcalde, Antonio Núñez, asegura que a súa marcha débese a “motivos estritamente políticos e ideolóxicos, principalmente relacionados co desacordo coa liña política do grupo, moi afastada das promesas electorais”. Ademais, xustifica a súa decisión pola “perda de confianza na dirección do mesmo, baseada en decisións unilaterais, falta de transparencia e autoritarismo”.
Núñez exercía tamén as responsabilidades das áreas de Emprego, Medio Ambiente, Cultura e Deporte, mentres que Domínguez se encargaba das competencias de Patrimonio.
O PSOE queda agora con tres concelleiros fronte aos catro da oposición: dous do PP e dous do grupo de non adscritos.