Jácome declara ante o xulgado por presunta malversación e prevaricación

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, compareceu este luns 22 de setembro ante os xulgados de instrucción de O Couto, ante o titular de Instrución 1, Leonardo Álvarez, en calidade de investigado por presunta prevaricación e malversación de caudais públicos. A causa está vinculada ao suposto desvío de recursos do Concello cara á súa televisión privada, Auria TV.
A investigación iniciou a raíz da denuncia presentada por José Manuel Palacios, exasesor de Democracia Ourensana, ante a Fiscalía de Ourense, por presunto uso indebido de fondos e persoal do Concello. O caso investiga, entre outros feitos, a compra de material con fondos municipais para fins privados e o traballo realizado por Germán López Vázquez, asesor de Democracia Ourensana e posteriormente cámara de Auria TV, cuxo salario tería sido abonado con diñeiro público.
Segundo a denuncia, entre abril de 2021 e finais de 2024, o Concello tería destinado 178.930 euros ao pago do salario de López, o que podería encadrarse nun presunto delito de malversación de caudais públicos.