IV Asamblea no Courel o vindeiro sábado 10 de xullo
RibeiraSacraXa
Folgoso do Courel celebra o 10 de xullo unha asamblea sobre a vida das xentes do interior e sobre como poder mellorala.
28 Jun 2021
A aldea do Mazo, no Courel, celebra o vindeiro sábado 10 de xullo unha asamblea na que se avanzarán os obxectivos para acadar unha vida digna das xentes do interior galego.
A asamblea celebrarase ás 11 horas e haberá xantar ás 14.30 horas para quen queira sendo necesaria a reserva. Para inscribirse pódese chamar ao 669 164 004 ou no enderezo electrónico interiorgalegovivo@gmail.com.
Dende a plataforma Interior galego vivo fan un chamamento á asistencia "de todas as persoas comprometidas coa xustiza e co futuro do territorio e das xentes do interior".