Ítaca Teatro levará a súa función ‘Anacos’ á Casa da memoria de Bóveda

RibeiraSacraXa
A función terá lugar o vindeiro sábado, 30 de novembro
carlos_rebolo_anacos
25 Nov 2024

A compañía lucense Ítaca Teatro presentará, o sábado 30 de novembro, a súa peza Anacos na Casa da memoria de Bóveda, dentro da Programación do Circuíto Profesional que organiza a Deputación Provincial de Lugo, neste caso, encolaboración coa Asociación a Memoria é Naúfraga.

Anacos é un espectáculo de narración oral no que Carlos Rebolo, o contador de historias, presenta varios contos de autobiografía ficcionada nos que as lembranzas irán aparecendo sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tardeinvádenos e convídanos a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiñosxa transitados. Cando estamos en soidadeadoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruilos con palabras para compartir as historias que se gardan nesesanacos.

A función comezará ás 19.00 horas e a entrada é de balde.

0.062295913696289