Ítaca Teatro leva este sábado á Pobra do Brollón a función ‘Alma de grilo e outras fábulas’

A Casa da Cultura Olga Novo da Pobra Brollón acollerá este sábado, 31 de maio, ás 20.00 horas, a función 'Alma de grilo e outras fábulas', unha peza de teatro literario de Ítaca Teatro con música en directo de Yadim Yukhnevich, baseada no libro homónimo de María García.
A obra presenta unha serie de historias que falan das debilidades humanas, das fortalezas, e sobre todo, dos paradoxos, co canto dos grilos como fío condutor.
A representación poñerá o broche de ouro á programación organizada polo Concello da Pobra do Brollón co gallo das Letras Galegas.