Inés Silva presenta na Pobra do Brollón o libro 'Até o vindeiro Nadal'
RibeiraSacraXa
Haberá un contacontos para os máis pequenos que terá lugar na Casa da Cultura Olga Novo este mércores ás 17.30 horas

11 Dec 2024
A Casa da Cultura Casa da Cultura 'Olga Novo' da Pobra do Brollón acolle este mércores ás 17.30 horas a presentación do libro 'Até o vindeiro Nadal', de Inés Silva, cun contacontos a través do que a autora convida á cativada a vivir a maxia do Nadal durante todo o ano, estimulando a súa imaxinación e o amor pola lectura.
O libro está editado por Peruchela Edicións nun formato reversible, no que un lado está en galego e o outro en castelán.