Inauguran en Bóveda unha mostra sobre a historia do libro

RibeiraSacraXa
O Concello de Bóveda prosegue coas actividades organizadas para celebrar o Día Internacional do Libro coa exposicion Breve Historia do Libro.
exposicion dia do libro
20 Abr 2021

O Concello de Bóveda prosegue coas actividades organizadas para celebrar o Día Internacional do Libro.

Con este obxectivo foi inaugurada a exposición didáctica: Breve Historia do Libro, que se pode ver no espazo expositivo do Centro Sociocultural do Concello de Bóveda ata o día 10 de maio.

O horario para visitar a mostra é de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres; os martes tamén de 18:00 a 19:30 horas e os mércores de 16:30 a 18:30 horas.

0.23724102973938