Inaugurada unha nova mostra no Círculo Saviñao

RibeiraSacraXa
O pintor Maximiliano López ven de inaugurar no Círculo Saviñao unha exposición de pintura que denominou Obra plástica e gráfica recente.
Maximiliano López exposicion circulo savinao
4 Out 2021

O pintor lucense Maximiliano López ven de inaugurar na sociedade Círculo Saviñao unha nova exposición de pintura e debuxo que denominou Obra plástica e gráfica recente.

Esta é unha interesante colección de óleos, acrílicos, bolígragos, grafitos e técnica mixta que, por enésima vez, atraerá o interese dos nosos socios e veciños.

Maximiliano leva mostrando a súa evolución artística dende que en 2005 inaugurara a primeira exposición nesta sociedade, onde sempre se lle acolle con agarimo e amizade. Poden visitar a mostra ata o 7 de novembro no local social do Círculo Saviñao.

0.19900417327881