Inaugurada a 41ª edición da Feira do Viño de Amandi
Inaugurada no día de hoxe a 41ª edición da Feira do Viño de Amandi, que se celebrou no Concello de Sober. A cita, que tivo que ser adiada ata o verán con motivo da crise sanitaria, promove a cultura vitivinícola de Amandi, unha das subzonas incluídas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Así mesmo, a festa conta cunha achega da Deputación de Lugo de case 9.700 euros a través do Plan Único de Coperación cos Concellos para contribuír a promoción desta festa, declarada de interese turístico.
A feira, que comeza no día de hoxe, poderanse realizar diferentes actos, así coma disfrutar de actuacións e espectáculos variados. A xornada comezaou ás 11 horas coa apertura oficial a cargo da familia de Benito Rivas Valdés, co-fundador da Feira do Viño de Amandi, falecido recentemente. Ás 11.15 chegou a música a cargo da banda de música de Sober e, posteriormente, realizouse o pregón a cargo de Eva Amaral.
A feira continuará o xoves 12 de agosto. Así pois, o día dará comezo ás 11 horas coa actuación musical dos Xograres de Lemos. Xa ás 11.30 horas dará comezo a cata oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Finalmente, rematará ás 13.30 horas coa entrega de premios do concurso de cata.
Tomé Roca destacou a importancia deste evento que sirve de “escaparate de promoción dos caldos da Ribeira Sacra e para o enoturismo desta comarca”. “O turismo vinícola é un aliado excelente da promoción do territorio, un reclamo que atrae visitantes á zona e que, polo tanto, axuda a fomentar a actividade da hostalería, do turismo e do comercio local, sectores que resultaron dos máis afectados polas restricións provocadas pola pandemia”, engadiu o mandatario provincial.
Os viños de Amandi cultívanse nas fortes pendentes das ladeiras dos canons do Sil. Unha orografía que dificulta moito o traballo nas vides, razón pola que esta viticultura é chamada heroica. Os viños contan con D.O Ribeira Sacra desde o ano 1996 e o seu viño Mencía está considerado como un dos mellores viños tintos de Galicia.