Ilusión e emoción na Cabalgata de Reis do Concello de Chantada
RibeiraSacraXa
A veciñanza de Chantada puido gozar dunha tarde cargada de emoción coa Cabalgata de Reis este venres.
6 Xan 2024
A veciñanza de Chantada puido gozar dunha tarde cargada de emoción coa Cabalgata de Reis este venres. As Súas Maxestades recibiron aos nenos e nenas do Concello no Auditorio Municipal.
Finalmente, escampou e puido levarse a cabo o desfile que percorreu a vila para facer gozar a toda a cativada. A recepción dos tres reis no Auditorio foi o broche de ouro.