I Feira de artesanía e produtos locais en Quiroga o 27 de agosto

RibeiraSacraXa
Quiroga celebrará o venres 27 de agosto a I Feira de Artesanía e produtos locais a través da Asociación de Artesáns galegos Tarabelada.
queixos denominación orixe cebreiro
22 Ago 2021

Quiroga celebrará o venres 27 de agosto a I Feira de Artesanía e Produtos Locais. A Asociación de Artesáns galegos Tarabelada da que forman parte varios emprendedores locais, propuxéronlle ao Concello de Quiroga a idea de dar a coñecer dentro do territorio os produtos que eles mesmos elaboran.

Nesta I Mostra de artesáns, que se desenvolverá ao longo da rúa Real, poderanse atopar todo tipo de produtos como queixos, marmeladas, mel, licores ou especias dentro da parte adicada a alimentación, mentres que na parte da artesanía haberá traballos feitos con coiro, xabóns, tellas ou madeira autóctona como a madeira de oliveira.

Así mesmo, neste 27 de agosto a xornada tamén estará acompañada de música tradicional coa actuación do grupo de música folk A Roda, a partires das nove da noite na praza da rúa do Lago. Ademais, neste mesmo lugar actuará á unha do mediodía o cantante Jorge Ferre, coñecido por ser vocalista en grupos como Cinema ou a orquestra Panorama.

Unha xornada musical que comezará pola mañá coa celebración da primeira Feira de artesanía e produtos locais, organizada pola Asociación Tarabelada.

feira da artesania quiroga
0.091783046722412