Froxán prepárase para festexar o 25 aniversario da Festa da Pisa da Castaña
Un ano máis, regresa a Froxán a XXV edición da Festa da Pisa da Castaña, un dos eventos culturais con maior percorrido da comarca. A aldea de Froxán revivirá un dos seus costumes máis antigos o vindeiro 7 de decembro. A cita mestura tradición, cultura e gastronomía e pretende manter viva a esencia e o valor etnográfico dunha práctica centenaria.
O evento está organizada pola Asociación Cultural Fonte do Milagro, que logrou recuperala hai máis de dúas décadas, tal e como explicaba nunha entrevista a este medio o seu presidente, Evaristo Méndez.
Este ano, as actividades arrancarán ás 11.00 horas co acendido do Sequeiro, e continuarán coa demostración dun proceso de Pisado e Abandoxado da Castaña Semana, animado pola música do grupo ‘Aikirindo’.
O pregón deste ano, que terá lugar ás 13.30 horas, estará a cargo do cantautor Emilio Rúa.
A festa contará tamén cun almorzo popular, un sorteo de agasallos e unha foliada libre para rematar as celebracións.
Este ano, ademais, a cita servirá tamén como escenario para a presentación da recentemente creada Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.