Folgoso do Courel celebrou a XVIII Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores

Este sábado tivo lugar no C.P.I. Poeta Uxío Novoneyra a XVIII edición da Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores, destinada a todos os veciños e veciñas do concello con 65 anos ou máis.
A xornada incluiu transporte para facilitar a asistencia, misa, comida colectiva, sorteo de agasallos e a actuación da Agrupación Musical Courelouzara, que animou a tarde coa súa música.
O Concello agradeceu a colaboración de todos os voluntarios e das empresas que fixeron posible a celebración deste encontro, que combina convivencia, entretemento e recoñecemento á poboación maior da localidade.