Fin de semana de concertos en Chantada

RibeiraSacraXa
Esta fin de semana, Chantada énchese de música coas actuacións de Luar na Lubre e a charanga Unión Phenosa. 
verbena festa orquesta concerto
20 sep 2021

Esta fin de semana, Chantada énchese de música coas actuacións de Luar na Lubre e da charanga Unión Phenosa.

Así pois, o grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este sábado 24 de setembro en Chantada. A cita levarase a cabo na praza do Cantón ás 20 horas e faranse todas as medidas sanitarias correspondentes.

Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.

O domingo, 25 de setembro, será o turno da charanga Unión Phenosa, que poñerá o ritmo e o ambiente festivo. A actuación celebrarase ás 20 horas e de novo será na praza do Cantón.

cartel luar na lubre chantada
union phenosa chantada charanga
0.12147307395935