Fernando Hernández presentará o seu novo libro ‘Conmigo muere tu secreto’ na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Será este venres na Casa da Cultura 'Olga Novo'
fernandoo-hernandez
4 Mar 2026

Este venres 6 de marzo, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá a presentación da novela ‘Conmigo muere tu secreto’, escrita polo monfortino Fernando Hernández González.

Trátase da terceira novela de Hernández, graduado en Criminoloxía e policía local no Barco de Valdeorras, tras ‘Juguetes de lo desconocido e Gotas de esperanza’. A historia centra a súa trama na confesión dun home ancián, realizada nunha residencia durante a pandemia de Covid, que remite a feitos acontecidos en O Barco nos anos 50 e en Monforte no 1991.

0.11587691307068