Fernando Arribas presenta este venres en Taboada un libro-guía sobre os cruceiros do municipio

RibeiraSacraXa
Será na Casa da Cultura ás 20:15 horas
presentacion-cruceiros-taboada-fernando-arribas
13 Mar 2026

O Concello de Taboada conta xa cun novo recurso para dar a coñecer o seu patrimonio: un libro-guía sobre os cruceiros do municipio, publicado pola Deputación de Lugo e elaborado polo autor Fernando Arribas.

A obra será presentada este venres ás 20:15 horas na Casa de Cultura. Ao acto asistirán, ademais do autor, a deputada de Cultura, Iria Castro, o Tenente de Alcalde, José Portela, o concelleiro Alexandre Varela e a editora Cristina Fernández.

O libro ofrece unha visión detallada e accesible dos cruceiros do concello, contribuíndo á difusión e conservación deste importante patrimonio cultural da contorna.

0.1160991191864