Eva Cabanelas presentará na Pobra do Brollón o seu libro ‘Mariposas amarillas’

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro venres, 13 de marzo, na Casa da Cultura Olga Novo
presentacion-mariposas-brollon
8 Mar 2026

O vindeiro venres 13 de marzo, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura 'Olga Novo' será o escenario da presentación de ‘Mariposas amarillas’, escrito por Eva Cabanelas Dopazo, doutora en Veterinaria, profesora de Ciencias e divulgadora científica.

‘Mariposas amarillas’ ofrece un relato íntimo e reflexivo sobre as etapas máis significativas da vida da autora, construíndo un mosaico de experiencias persoais, familiares e académicas.

Cabanelas comparte neste libro a súa evolución como muller e profesional, ofrecendo unha mirada honesta sobre o proceso de autodescubrimento e crecemento persoal.

0.12075400352478