Este domingo o sopranista Rafael Quirant visita Sober

RibeiraSacraXa
Este domingo 13 de novembro o sopranista Rafael Quirant visita Sober será ás 19.00 horas na Casa da Cultura do municipio
concerto sober2
9 Nov 2022

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade veñen de programan un concerto para este domingo día 13 a cargo do sopranista Rafael Quirant. O recital, aberto ó público, será ás 19.00 horas na Casa da Cultura.

Os mozos Rafael Quirant Porcar (sopranista) e Jezabel Esbrí Rodríguez (piano) convídannos a pasear entre os máis destacados compositores do barroco e bel canto. O programa fará un percorrido con arias de Monteverdi, Händel e Vivaldi ata chegar a pezas de compositores belcantistas como Verdi e Rossini. E tal vez ó final mesmo haxa algunha que outra sorpresa.

A figura de Rafael Quirant

Rafael Quirant Porcar (nado en Valencia no ano 1996), é bisneto da soada soprano Carmen Tur, conta cun extenso repertorio barroco e tamén con repertorio belcantista, na canción española e en oratorio.

Foi alumno de Ricardo Castelló e ó finalizar os seus estudos universitarios ingresou no conservatorio profesional de música Francesc Penyarroja de Vall d’Uixó. Actualmente é alumno do conservatorio Joaquin Rodrigo de Valencia, onde recibe clases por parte de Ofelia Sala. Recibiu consellos e masterclass de Aurelio Viribay, Carles Budó, Carlos Chausson, Robert Expert, Nancy Fabiola Herrera, Miquel Ortega, Xavier Sabata, Isabel Rey e Mariella Devia.

Foi gañador do 101 Concurso de Mocidades Musicais de España, no que xa resultara finalista na súa 95ª convocatoria, e finalista no concurso de ópera Cidade de Albacete. É membro da compañía artística Marenartists, e traballou con artistas de primeiro nivel aos cales acompañou en varios escenarios a nivel comarcal e nacional, destacando a produción de Amadigi dei Gaula de Händel onde cantou no Auditorio Nacional e o auditorio de Cataluña, xunto a Vespres d’Arnadí baixo a batuta de Dani Espasa, con Xavier Sabata, Nuria Rial e Sabina Puértolas no elenco. É tamén membro do grupo barroco Il dolce incontro, que traballa incansablemente para facerse un oco entre os máis destacados grupos barrocos a nivel nacional.

Programa

O programa para o concerto deste domingo que terá lugar ás 19.00 horas, inclúe pezas de: Georg Friedrich HaendelSerse, Claudio Monteverdi, Antonio Vivaldi, Giacomelli-Vivaldi, Vicenzo Bellini e Gioachino Rossini.

concerto sober
0.17918705940247