Estabilizado o incendio forestal na parroquia de San Mamede de Lousada, en Carballedo

RibeiraSacraXa
O lume supera as 20 hectáreas segundo as últimas estimacións
incendio-forestal-lume
Imaxe dun incendio forestal
30 Jul 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que desde as 22.28 horas de onte está estabilizado o incendio do concello lucense de Carballedo, parroquia de San Mamede de Lousada, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 10 axentes, 17 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 3 avións.

Pola súa banda, Desde as 12.59 horas de onte martes está activo un incendio forestal no municipio ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Carballeda, que segundo as primeiras estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 14 axentes, 23 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 4 helicópteros e 4 avións.

Tamén segue activo o incendio forestal de Arbo, parroquia homónima, que se iniciaba onte ás 18.23 horas. Neste lume foi preciso decretar a Situación 2 pola súa proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que foi desactivada ás 23.55 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta arredor de 8 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 4 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 2 helicópteros.

⚙ Configurar cookies
0.12246799468994