Esperta Monforte pide ao Concello que faga un estudio de Rutas de Sendeirismo no municipio

RibeiraSacraXa
Lembran que “a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra teñen rutas de sendeirismo polo medio natural e por sendeiros acondicionados a tal fin”
casa-concello-monforte
18 Apr 2025

Esperta Monforte levará novamente ao pleno do Concello de Monforte unha moción para pedir ao Goberno municipal que faga un estudo de Rutas de Sendeirismo no municipio. Lembran que é a terceira vez que presentan unha petición similar, unha en 2022 e outra en xuño do ano pasado. Porén, explican que as súas peticións non foron atendidas e que o Concello unicamente respondeu que Monforte tiña moitas zonas verdes.

Para Esperta Monforte isto é un error, e piden que non se confundan as zonas verdes coas rutas de sendeirismo. Por iso, din, volverán a levar ao Pleno esta petición, lembrando que “a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra teñen rutas de sendeirismo polo medio natural e por sendeiros acondicionados a tal fin, moitos homologados, publicados e por sendeiros naturais que maioritariamente transcorren por fora do asfalto”.

Por iso, lamentan que “a capital da Ribeira Sacra continúe a día de hoxe sendo o único concello que non teña rutas de sendeiros incorporadas o seus programas de ocio, deporte e turismo”.

⚙ Configurar cookies
0.15637588500977