Esperta Monforte levará a pleno a municipalización da piscina do Concello

RibeiraSacraXa
O concelleiro Jaime German Vázquez Pérez, na súa condición de voceiro do grupo municipal Esperta Monforte do Concello de Monforte de Lemos, presenta a consideración do pleno da corporación municipal unha moción para a municipalización ou remunicipalización da piscina municipal.
monforte piscina municipal
17 Dec 2023

O concelleiro Jaime German Vázquez Pérez, na súa condición de voceiro do grupo municipal Esperta Monforte do Concello de Monforte de Lemos, presenta a consideración do pleno da corporación municipal unha moción para a municipalización ou remunicipalización da piscina municipal.

Segundo indican, este servizo público leva “máis de dous anos entregado a Tragsa á espera dunha plica, hoxe día 16 de decembro fai xusto un ano que o noso alcalde comentou no pleno do Concello de Monforte que el é o máximo responsable de indicar cando imos facer dita plica e canto temos pensado gastar en arranxar a piscina”.

Segundo expoñen, nos gastos presentados no orzamentos 2024 contémplanse 656.000 € no Programa 342 economía 22706 estudios e traballos técnicos. Neste senso, durante este ano 2023 investíronse 17.916 euros no alugueiro da caldeira e 24.000€ polo subministro de combustible e xeráronse 215.000 euros pola prestación dos servizos.

“O diferencial deste servizo é de aproximadamente 500.000 €, case 7 autobuses urbanos anuais”. Por iso, propoñen a municipalización da piscina municipal de Monforte.

0.11646199226379