Esperta Monforte felicita ao Goberno local pola iniciativa de iluminar os pasos de peóns

RibeiraSacraXa
Esperta Monforte felicita ao equipo de Goberno pola iniciativa da iluminación dos pesos de peóns do municipio, o que consideran desde o partido "un paso moi significativo para previr atropelos e mellorar a seguridade viaria".
18 Xan 2024

Esperta Monforte felicita ao equipo de Goberno pola iniciativa da iluminación dos pesos de peóns do municipio, o que consideran desde o partido "un paso moi significativo para previr atropelos e mellorar a seguridade viaria".

Así, o grupo municipal destaca que en en xaneiro de 2021 presentara unha moción solicitando melloras na seguridade viaria da vila, reflectindo a preocupación pola necesidade de implantar medidas concretas para evitar accidentes e protexer aos peóns.

A iniciativa, posta en marcha recentemente polo Equipo de Goberno, pode amosar "unha resposta proactiva a estas inquedanzas e un paso positivo para materializar as melloras propostas", sosteñen desde Esperta Monforte.

"Temos claro dende fai moitos anos que a colaboración entre a comunidade e o Goberno local é fundamental para o avance da nosa vila, e Esperta Monforte agradece que as propostas expostas anteriormente sexan consideradas e convertidas en accións concretas", din.

Así, engaden que "isto tamén é un recordatorio da importancia da participación cidadá e do diálogo constante entre os representantes políticos e a comunidade. Espertamonforte reitera o seu compromiso de seguir avogando por medidas que fomenten a seguridade viaria e a calidade de vida no noso Concello".

0.082280874252319