Esperta Monforte denuncia a falta de pediatras no Concello
Esperta Monforte continúa denunciando o deterioro da sanidade en Monforte. Segundo o colectivo, o menoscabo da atención especializada concrétase no aumento de listas de espera, na perda de servizos e especialistas no hospital e na necesidade de desprazarse a Lugo por patoloxías que antes se atendían no centro hospitalario de Lemos.
Agora, tamén indican o empeoramento da atención primaria pola existencia de plantillas incompletas e porque non se cobren postos vacantes, “o que leva a que cada vez hai menos persoal e con maior sobrecarga de traballo” e que ten como consecuencia unha asistencia de peor calidade.
“Este luns o centro de saúde de Monforte viviu un dos seus peores días nos últimos meses, o que motivou as queixas repetidas dos usuarios”, lamentan. Esta situación, segundo indican, é máis deficiente nos servizos de pediatría onde “un único pediatra tiña que atender a máis de 50 nenos enfermos”.
Tal e como expoñen, moitos pais víronse na obriga de desprazarse ao Hospital de Ourense “por urxencias dada a demora en poder ser atendidos”. Neste senso, dende a plataforma solicitan á Consellaría de Santidade da Xunta de Galicia “un compromiso e un investimento acorde para mellorar a Sanidade Pública, que consideramos imprescindible e irrenunciable”.